More servicesWindows Live
HomeHotmailSpacesOneCare
 
MSN
Sign in
 
 
Spaces home  CandaorPhotosProfileFriendsBlog Tools Explore the Spaces community

Blog

June 20

Acabou o curso?

Agora que remataron as clases parece que todo remata, e en cambio, a penas comeza. Porque o máis terrible é analizar as razóns que levaron a algunhas persoas a non conseguir os obxectivos: enfrentarse a esa reflexión é o noso traballo máis duro, porque implica revisar en que medida aquelo que fixemos, ou que deixamos de facer, afectou, deu lugar a esa situación. Encolle a alma pensando que pasou outro ano, e que, queiras non queiras, acabas decidindo sobre as vidas das persoas, sin que console pensar que as decisións desagradables foron meditadas. En fin de contas, unha barreira é sempre unha inxustiza. O único que cabe dicir é que un traballa o máis honestamente que é capaz, pero... Hai que seguir deprendendo. Deica morrer deprender, dicía o avó, que en paz estea. Cada ano, cada día, aprendes cousas novas, e esperas que che sirva para facelo mellor a próxima vez. Grazas por todo o que deprendin este ano.

E como dicía o clásico: CARPE DIEM.

P.D: Durante o verán aparecerán aqui cousas para a cita de Setembro, preferentemete no mes de agosto. Eu tamén vou carpediemdear un chisco deica o Santiago.

April 30

Funcións (2)

Case me esquecía: para os máis afeccionados, e que non lle torzan o bico ao inglés, esta é unha excelente páxina na que se resolven os problemas máis comúns do cálculo unidimensional dunha forma moi detallada, explicando paso a paso cada un dos tópicos:

http://www.calculus.org/

e de paso deprendemos idiomas.

Para repasar funcións

Na web do Ministerio de Educación, na páxina de recursos e materiais CNICE, pódense atopar dúas unidades interactivas para o estudo das funcións:

A primeira para as características xerais

http://descartes.cnice.mecd.es/materiales_didacticos/Estudio_grafico_caracterisiticas_globales_funcion/index.htm

A segunda para a representación e interpretación de gráficas

http://descartes.cnice.mecd.es/materiales_didacticos/Representacion_interpretacion_graficas/index.htm

Tamén é moi interesante o programa "Graph", que permite representar todo tipo de funcións, e que pode obterse desde:

http://www.padowan.dk/graph/

Aínda que as instruccións estean en inglés, son doadaente comprensibeis, e o programa é moi sinxelo, permitindo almacenar as representacións como arquivos gráficos

April 27

Próximo traslado

candaor2En breve, os arquivos de matemáticas e informática de http://personales.ya.com/candaor pasarán a este blog, na sección de documentos públicos: podedes comprobar que hai seccións para Matemáticas e Informática. A páxina citada continuará operativa durante este curso, pero non para o seguinte, no que os contidos variarán de forma radical.  Espero que este cambio clarifique e facilite o acceso aos materiais preparados e aos novos, que están a punto de sair do forno. Un saúdo e... Felices Festas!

April 24

Abrindo camiños

Esta quere ser unha nova experiencia. Unha investiogación das psibilidades da utilización das TIC e dos recursos que ofrecen para mellorar a calidade da educación, para facilitar o contacto entre mestres, alumnos e pais, de cara a conseguir un aumento da efectividade do traballo de aula, así como para abrir posibilidades de traballo fóra da aula a aqueles alumnos ou persoas interesadas.
 
A arte é longa e o tempo curto, dicía Galeno.
 
De aí a necesidade de aproveitalo. Que vos gorente!