Xerardo's profileXerardoPhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    August 05

    exames

    Recórdovos que na sección Público/Matemáticas/Exames resoltos deste mesmo blog tedes os exames finais de xuño resoltos.

    August 03

    Preparando setembro? Un par de axudas

    Bohr e Einstein  Dando voltas por aí, atopei un par de sitios que poden axudar a preparar as cousas máis difíciles, resolver dúbidas, ou simplemente confirmar que sabemos facer as cousas. O primeiro é un canal de vídeos do profesor Juan Medina Molina, Doctor en Ciencias Matemáticas pola Universitat de València e Profesor Universitario do Departamento de Matemática Aplicada y Estadística en la Escuela Técnica Superior de Ingeniería Industrial de la Universidad Politécnica de Cartagena. Ten preparada unha serie de videos sobre as matemáticas da Secundaria que poden servos de utilidade.

    Outra páxina interesante é http://www.vitutor.com/ na que se poden atopar apuntes, exercicios resoltos, exercicios sen resolver, modelos de exame, e algunha outra cousa, organizados por cursos. Outra páxina interesante, no mesmo sentido é a páxina http://www.ematematicas.net/ co algunhas ferramentas interesantes na propia páxina. Podedes ir directamente desde aquí a 3º de ESO ou a 4º de ESO.

    E coma sempre, máis axudas en http://descartes.cnice.mec.es/

    Na foto, de esquerda a dereita, Niels Bohr e Albert Einstein.