Xerardo's profileXerardoPhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    June 25

    De cara ao verán…

    DSC00128Unha vez máis, isto rematou. Parabéns a todos aqueles que tiveron a fortuna de tirar proveito do ano que remata. E ánimo aos que non puideron rematar con éxito a singladura. A todos, moitas gracias polo voso interese e apoio, polo esforzo realizado, polos días compartidos, polas críticas –sempre son construtivas as críticas, por máis que pareza o contrario- e polas gabanzas, que tamén está ben de cando en vez que che pasen unha man polo lombo.

    Como axuda para aqueles que teñan que preparar as probas de setembro, atoparedes na sección Público, os exames finais de xuño, coas súas correspondentes solucións. E un caderno de actividadades de reforzo. Tamén intentarei aumentar o número de presentacións e outros recursos (máis exames e problemas resoltos, por exemplo, ligazóns diversas, e xa veremos que máis) … pero iso será no mes de agosto. 

    E, como dicía Joaquín Sabina, se me queredes atopar, xa sabedes onde estou.