Xerardo's profileXerardoPhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
March 21 As ecuacións da recta
O obxectivo do tema é aprender a manexar o formalismo das ecuacións da recta. Un pode plantexarse simplemente aprender unha serie de ecuacións e ver que pasa… O que se pretende neste tema é: -Saber cales son os elementos definitorios dunha recta (punto coñecido e vector director, ou dous puntos) -Comprender e aplicar que a ecuación dunha recta é a propiedade que cumplen todos os seus puntos, e que esta relación exprésase como unha relación entre as coordenadas dos puntos da recta. -Que esta relación pode adoptar mútliples formas, pero en calquera delas sempre deben saber localizarse os elementos definitorios: un punto e a dirección (mediante vector director ou coa interpretación da pendente) Finalmente, un artigo sobre a recta dun certo nivel pode atoparse aquí (en inglés: a practicar idiomas!) Unha recomendación importante: coa presentación (en formato openoffice) que encontraredes na sección Público encontraredes tamén unha folla de cálculo (openoffice) que permite obter as ecuacións da recta e ver a súa representación gráfica para cada unha das formas da ecuación. Ambos ficheiros deben instalarse no mesmo directorio para que os enlaces da presentación á folla de cálculo funcionen. Tamén se pode baixar o arquivo excel equivalente, pero este non está vinculado á presentación. |
|
|