Xerardo's profileXerardoPhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    February 12

    Vectores

    Newtons_cradle_animation_smooth O formalismo matemátco dos vectores ten tido tanto éxito dentro da física e da ciencia en xeral que hoxe o número de significados da palabra vector é enorme. Matemáticamente, un vector é un simple segmento orientado, pero o formalismo asociado a él -o chamado cálculo vectorial- fixo posible o desenvolvemento da idea central da física do século XVIII e XIX: a idea de campo, que revolucionou o entendemento da naturaza das interaccións a distancia (hoxe en día sabemos que todas as interaccións son "a distancia ") e preparou o terreo para - co desenvolvemento da xeometría diferencial e alxébrica, e xunto a outras teorías matemáticas igualmente complexas- as novas ideas que revolucionaron a ciencia, e con ela, a vida, nos primeiros anos do século XX.

    Os vectores, son pois, matemáticamente, o punto de partida da revolución científica, xunto ao cálculo diferencialBohr_Einstein_Deus, aínda que se desenvolveron tardíamente a partir de conceptos alxébricos moito máis complexos (os quaternios de Hamilton nos que tamén traballara Gauss).

    Nós non habemos ir tan alá. Conformarémonos con introducir o concepto de vector, aprender a distinguir entre vector fixo e libre, facer as operacións máis simples (suma, resta, produto por un escalar e produto escalar) tanto de forma gráfica como analítica (con números) e meter un pouco de trigonometría na danza.

    Como dicían os vellos, "antes de correr hai que aprender a andar".

    Atoparedes a unha presentación (bastante pouco animada aínda, esa é a verdade) e o pdf na sección público/matemáticas/

    Outros lugares de interese onde se estuda o tema son a unidade de vectores no plano do proxecto Descartes do MEC, e nesta páxina de Jaume Bartrolí Brugués, unhas animacións ben interesantes e prácticas.